luns, 20 de novembro de 2023

Visita o espazo de Secundaria a exposición TOCA IGUALDADE, ¡TOCA COEDUCAR! que artellou InteRed

 

A asociación InteRed visitou o CPI Viaño Pequeno para traballar cos dous grupos de 1º da ESO unha serie de actividades dentro dunha proposta de prevención das violencias machistas a través da coeducación. As formadoras mantiveron un encontro presencial co alumnado, do que solicitaron a súa colaboración ademais de explicarlles algúns conceptos a través dunha presentación.

Para completar as actividades realizadas na aula de audiovisuais durante unhas semnas vai permanecer nos corredores unha interesante exposición (da que tamén informan na propia páxina web de Intered):


 

A lectura da exposición TOCA IGUALDADE, ¡TOCA COEDUCAR!    (de libre descarga aquí) e a realización das diferentes actividades que propoñemos nesta guía buscan promover e facilitar os procesos de educación e sensibilización nos sectores da educación formal e non formal (a partir dos 12 anos) cos seguintes obxectivos como principais:

1. 

Promover, desde as comunidades educativas, un modelo de cidadanía global e un currículo educativo comprometido coa construción de sociedades libres de violencias machistas.

2. 

Reflexionar sobre as desigualdades de xénero e as violencias machistas para identificalas e comprender como unhas e outras están interrelacionadas a nivel global e local: a violencia como instrumento da desigualdade.

3. 

Impulsar a Coeducación como ferramenta que promove a prevención das violencias machistas desde a intervención en catro eixos temáticos que están interrelacionados:

os coidados do planeta e das persoas, unha educación afectivo sexual, a diversidade de identidades e a prevención de violencias machistas.

4.Comprender como as causas das violencias machistas ten que ver co noso actual modelo de desenvolvemento e as nosas formas de construír o mundo en que vivimos e as persoas que somos.

5. 

Coñecer e contribuír ao alcance dos obxectivos da Axenda 2030, en especial do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS)

6. 

Lograr a igualdade entre os xéneros e apoderar a todas as mulleres e as nenas; e do ODS 4: Educación de calidade, en especial da súa Meta 4.7, onde di: “Para 2030, garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cosas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e a adopción de estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade entre os xéneros, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e da contribución da cultura ao desenvolvemento sostible, entre outros medios”.

 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes" na procura de orientación vocacional libre de estereotipos

Dúas formadoras do programa "Que non te líen, ti elixes" visitaron as aulas de Secundaria do CPI Viaño Pequeno para manteren un...