xoves, 9 de marzo de 2023

«A voz da muller no ámbito STEM», palestra da cardióloga Mila Pedreira e a xornalista Sara Carreira #Igualdade #8demarzo #DíaInternacionaldaMuller

O programa Prensa-Escuela do xornal La Voz de Galicia fixo posible que o noso alumnado de Secundaria puidese asistir á palestra «A voz da muller no ámbito STEM» a cargo da cardióloga Mila Pedreira e a xornalista Sara Carreira. Trátase dunha iniciativa da empresa Viaqua para visibilizar e darlle voz ás mulleres no campo das Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas.

Algunhas alumnas e algúns alumnos de 3º da ESO achegaron as súas impresións para o noso blog Igualdade = CPI Viaño Pequeno.

*

Na presentación que nos deron hoxe viñeron dúas mulleres chamadas Sara e Mila. Mila é cardióloga e Sara é unha das xornalistas que traballa en “La Voz de Galicia”.

As cousas que nos contaron foron as seguintes:

- A principal idea que dixeron é que animaban as rapazas a estudar ciencias.

- Outra cousa que dixeron é que deberíamos darlle máis visualización ás mulleres porque fan cousas moi importantes.

- Déronnos uns datos sobre a diferenza entre homes e mulleres, a primeira foi que había moitos máis xefes homes ca mulleres, pero en cambio hai moita igualdade entre homes e mulleres que estudan medicina.

- Despois Mila, a cardióloga, díxonos que era moi importante saber reanimar as persoas por se algunha vez te ves na situación de ter que reanimar a alguén, por iso dixo tamén que en todas as escolas debería de haber unha clase para que os alumnos aprendesen a facer unha reanimación.

E o ultimo que nos comentaron foi un colectivo chamado A CIENCIA EN FEMININO que é un colectivo para darlle visualizacións as mulleres científicas.

Valeria Grela Bello


A charla deuna Mila, unha cardióloga que traballa no CHUS en Santiago de Compostela. Nela, Mila falounos de moitos temas. Ela por exemplo explicounos con imaxes como se desatasca unha vea. Había que meter unha especie de arame pola vea para desatascala.

Mila tamén nos dixo que se algún familiar noso notaba mal estar no peito, como se tivera un ladrillo enriba del, ou lle doía un brazo había que acudir inmediatamente ao hospital. Xa que podía tratarse dun infarto ou dun ictus e ante estes problemas a primeira hora é crucial para resolvelos.

Mila díxonos que as mulleres que tiñan estas doenzas tiñan máis problemas para solucionalos ca os homes, xa que antes de ir ao hospital ao mellor tiñan que acabar algunha tarefa do fogar como facer a comida, mentres que os homes non.

Tamén nos falou das cotas de xénero, ela dicía que son importantes xa que hai mulleres que están tanto ou máis cualificadas para un traballo que un home e non collen ese traballo por presión de familiares ou de quen sexa. Mila dicía que está mal visto que as mulleres sexan ambiciosas, cando non debería de ser así.

Samuel Grela Seoane


A charla que tivo lugar o 9 de Marzo de 2023 no centro CPI Viaño Pequeno foi dada por Sara, unha

periodista de “La Voz de Galicia”, e por Mila, unha cardióloga que traballa no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Sara presentounos a Mila, e despois foi ela a que nos falou sobre o seu traballo e as súas compañeiras e amigas da unidade de cardioloxía.

Tamén nos falou sobre as desigualdades que hai entre homes e mulleres nos distintos cargos que existen, que moitas mulleres se meten á carreira de medicina e a maioría desas mulleres non aspiran a nada máis que ser residente e que os homes ocupan a maioría dos postos máis altos.

Explicounos como se produce un infarto e os síntomas que pode dar.

Contounos que as mulleres teñen síntomas de infarto diferentes aos dos homes e polo tanto costa máis detectalo. Relacionado con isto, díxonos que moitas mulleres maiores morrían porque non recoñecían o infarto, e para cando o facían xa era moi tarde.

Laura Noya Sánchez


Viñeron unha persoa de La Voz de Galicia, chamada Sara, e unha cardióloga chamada Mila.

Sara fixo unha presentación do tema que ían falar, e despois Mila empezou a falar do seu traballo e da situación das mulleres nos postos de traballo en España, por exemplo: as mulleres nos postos de traballo de enfermería ocupan arredor do 75%, en cambio, noutros traballos coma policía ocupan menos do 20%.

Despois falou de que nos postos de traballos canto máis poder teña ese posto (que xa empeza a dar ordes aos demais), menos mulleres habería, ata que só o 10% das mulleres estean nos postos con máis poder.

Tamén falou da importancia de que nas escolas fagan cursos para poder saber facer unha RCP, para en casos de infartos, etc...

Mila dixo que se había preguntas, houbo tres, todas da mesma persoa (Nelly de 1ºESO), preguntando dos problemas de cando tes sangue nos pulmóns e cando que tes que facer

neses casos e síntomas, todo porque á avoa de Nelly lle pasara iso.

Despois de responder as preguntas de Neli despediuse xunto con Sara de nós.

Tamén cabe dicir que toda a charla foi gravada e vaise a colgar en Facebook.

Simón Varela Baleato


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes" na procura de orientación vocacional libre de estereotipos

Dúas formadoras do programa "Que non te líen, ti elixes" visitaron as aulas de Secundaria do CPI Viaño Pequeno para manteren un...