O xoves 9 de marzo do 2023 desenvolveuse unha charla sobre a visibilidade das mulleres nos traballos relacionados coa medicina. Nela participaban a periodista Sara Carreira e a cardióloga do Chus (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) Mila Pedreira, que tamén é a xefa da unidade de cardioloxía da muller.
A idea principal e fundamental desa charla baseouse en animar as mozas a estudar carreiras científicas, xa que é onde van estar os mellores postos de traballo, e reivindicar que as mulleres tamén poden conseguir postos cun gran peso.
Tamén nos ensinaron que os traballos máis «importantes», é dicir, con máis peso están dominados por homes, e cren que é porque as mulleres non teñen a suficiente ambición.
Falando dos estudos de medicina contáronnos que máis da metade dos estudantes que collen esa rama son mulleres. Con eses datos sabemos que están moi cualificadas e teñen a valentía de enfrontarse a unha longa tempada de estudo. Aínda que a maioría dos estudantes de medicina son mulleres, á hora de traballar a cifra dos homes é o dobre. Non obstante nos residentes (xente dun rango de idade baixo que acabou de estudar e empezou a traballar) son moitos máis homes.
De feito, no Chus os postos xefes hai catro veces máis homes que mulleres, aínda que, nas ramas máis complexas e desenvolvidas como na investigación haxa moitas.
Para rematar faláronnos dunha campaña que vai aos institutos e colexios a ensinar a facer unha RCP (reanimación cardiopulmonar).
Antía Bello Liñares
A charla comeza presentando a dúas mulleres, Mila e mais unha reporteira, as cales nos comezan explicando que Mila é unha cardióloga e ademais dá charlas en institutos. Primeiro comeza falándonos sobre o feito de que estudando medicina hai mais mulleres que homes, só que a medida que vas mirando a porcentaxe nos cargos as mulleres diminúen nunha cantidade importante e canto maior sexa o cargo hai moitos máis homes que mulleres.
Outra cousa da que nos fala Mila é que as persoas anciás son moito mais sedentarias que as de menor idade e por iso é moito máis difícil convencelas de que vaian ao medico por unha dor e por iso hai máis mortes por culpa de que cando chegan ao hospital o problema xa está avanzado, polo tanto é máis difícil de solucionar.
Faláronnos tamén dos síntomas que se teñen nun infarto e o máis importante a destacar é cando sentes moita presión no peito pero tamén hai outros coma a dor dun brazo ou mesmo a dor dun pulso. Para actuar nunha situación de infarto sen axuda ao lado dixéronos que o que deberiamos facer despois de chamar ao hospital era facerlle unhas masaxes e ter a calma para que as consecuencias despois do infarto sexan leves e máis levadeiras.
Outra cousa moi importante dita na charla foi que no labor de investigación e en cousas máis importantes pero pouco vistas a maioría de persoas nelas son mulleres, só que non levan o mérito porque non están de cara ao público como fan os homes e por iso estes levan máis méritos e se ven menos mulleres con premios importantes a nivel mundial.
Despois disto houbo unha quenda de preguntas moi interesantes pero a min a que máis me interesou foi que se pensa que a cousa que provoca máis mortes nas mulleres é o cancro de mama pero non senón que son os infartos, ictus etc... e tamén como se mete un catéter para inchar unha vea e engrosala para que o sangue circule mellor.
E ata aquí foi o que nos contaron na charla de hoxe.
Anxo Domínguez Martínez
Na charla desta mañá trataban o tema das mulleres na ciencia. A conferencia foi presentada por unha muller xornalista, chamada Sara, e a que contou como era a situación das mulleres na ciencia foi Mila Pedreira, unha cardióloga do CHUS.
Comezou contando o que eran as mulleres STEM (aquelas con profesións relacionadas con ciencia: científicas e enxeñeiras).
Esta cardióloga, mostrounos unhas gráficas, feitas por Antonia Sambola e ela, que ensinaban o número de mulleres e homes que había nos diferentes campos da medicina.
Dicía que unha porcentaxe alta de mulleres estudaban na facultade de medicina (68,7%) pero moi poucas chegaban a postos altos porque a xente e as familias lles dicían que non foran tan ambiciosas, feito que non lles sucedía aos homes.
A continuación, foi mostrando os distintos servizos de cardioloxía que hai no CHUS, onde ela traballa: imaxe, imaxe avanzada, electrofisioloxía e hemodinámica.
Tamén nos amosou que había bastantes mulleres que investigaban no Idis, incluso algunhas doutros países que viñan durante seis meses.
Comentou tamén que nos hospitais crearan gardarías para os fillos e fillas das médicas e a presentadora nese momento preguntoulle porque non para os fillos ou fillas dos médicos.
Polo que nos contou, segundo algúns estudos, se tes un infarto e aténdeche unha muller é probable que non che queden secuelas.
Case ao final, dixo que as mulleres se padecían un infarto tiñan síntomas máis confusos e tardaban máis en acudir ao hospital, sobre todo as avoas.
Mila dixo que era moi importante que nos sitios onde adoitaba estar moita xente (colexios, tendas...) era recomendado aprender manobras de reanimación para un ataque ao corazón. Puxo o exemplo dun neno de trece años que ao saber facerllo ao seu pai e chamar ao 061 conseguiu que non lle quedaran secuelas ao pai.
Cara ao final, mencionou a unha compañeira súa, Belén Cid, unha cardióloga importante.
E xa para rematar, despois dun tempo de preguntas, a presentadora falounos dun grupo de persoas que creara un proxecto chamado “La ciencia es femenino”.
Sara Gómez García
Esta charla explicou entre outras cousas a importancia que teñen as mulleres na ciencia. Moitas mulleres polo feito de ser mulleres non se senten capaces ou preparadas para algo tan importante como son as ciencias, así que animáronos a que se nos gusta esa rama loitemos por conseguilo, deixando de lado todos os prexuízos da sociedade.
A porcentaxe de mulleres e homes que comezan a estudar medicina é bastante similar, pero a cantidade de mulleres que logran ser xefas neste oficio, comparando coa porcentaxe dos homes é moi desigual.
Tamén nos contaron a importancia de saber facer RCP (reanimación cardiopulmonar), para axudarche en calquera apuro, debido a un infarto, xa sexa cun familiar ou unha persoa que atopes pola estrada.
En definitiva, non deixes que ninguén che pare os pés só polo teu xénero.
Carla Lema Domínguez
Sara é a periodista e Mila é a cardióloga (traballadora do Clínico).
Pretenden animar as mulleres a estudar carreiras científicas, tamén hai mulleres con premios Nobel.
Mila é una moi boa cardióloga, recoméndanos ver a película “FIGURAS OCULTAS”, que fala dunhas mulleres negras que traballan como escondidas pero era moi boas en matematicas, física etc.
A cardioloxía sempre se pensou que era cousa de homes.
O 75% de estudantes na medicina son mulleres:
Residentes: 48 mulleres 52 homes
Fellow: 42 mulleres 58 homes
Adjxunto: 37 mulleres 63 homes
Titores: 33 mulleres 62 homes
Coordinador: 40 mulleres 60 homes
Cefe clínico: 19 mulleres 81 homes
Xefes servizo: 11 mulleres 89 homes
Entre 35-45 é a idada na que máis mulleres traballan nos hospitais.
RCR (rehabilitación cardiaca), en moitas escolas xa se ensina a reanimación cardiovascular. Un neno de 13 anos salvou a seu pai de 63 anos.
Moita mulleres morren de infartos / ictus. Temos que facerlle ver ás nais e ás avoas que cando sintan algunha fatiga non esperen ao último momento, porque o tempo en cardioloxía é ouro.
Nerea Sánchez Castro
Esta charla presentouna unha cardióloga moi importante do hospital CHUS de Santiago de Compostela e a presentadora de La Voz de Galicia.
A doutora dedicouse a falar sobre a diferenza de sexos que hai no hospital, xa que os estudantes ata chegar a ser residentes están á par entre homes e mulleres, pero o número de mulleres descende bruscamente ata chegar a ser xefes, xa que tan só o once por cento das estudantes de medicina chegan a ser xefas, mentres que o outro oitenta e nove por cento son homes.
Tamén nos explicou que os homes son os máis encargados dos traballos de cara ao publico, mentres que as mulleres adoitan ser as encargadas dos traballos en laboratorios. Puxo moitos exemplos cos seus compañeiros de traballo no hospital.
Explicou que en moitos traballos no mundo da medicina hai moita diferenza de sexos, por exemplo en cardioloxía hai moita diferenza, xa que hai xeralmente máis homes que mulleres.
Antes de acabar a súa presentación falounos un pouco do seu traballo como cardióloga e ensinounos os pasos básicos para poder facer correctamente unha RCP en caso de emerxencia.
Rematou explicándonos que a maioría de persoas que morrían dun infarto ou ictus son mulleres, porque acostuman calar o que lle pasa para non preocupar á xente e cando se empezan a preocupar xa é demasiado tarde e non se pode facer nada par salvalas.
Nos últimos dez minutos dedicáronse a presentadora e a cardióloga a responder preguntas que lle facía o alumnado do colexio.
Laura Sánchez Liste
Ningún comentario:
Publicar un comentario