xoves, 30 de novembro de 2023

Alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes" na procura de orientación vocacional libre de estereotipos



Dúas formadoras do programa "Que non te líen, ti elixes" visitaron as aulas de Secundaria do CPI Viaño Pequeno para manteren unha xornada divulgativa co alumnado de 3º e 4º da ESO, organizada polo Departamento de Orientación e o Equipo de Igualdade.

O principal obxectivo das actividades desenvolvidas consistiu en favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres. Polo tanto un obxectivo de Igualdade.

O programa "Que non te líen, ti elixes" desenvolveuse a través de charlas didácticas e debates dirixidos por persoal proveniente de fundacións de sectores profesionais caracterizados pola escasa representatividade feminina, neste caso centrándose no denominado “sector do metal”, un ámbito laboral habitualmente moi masculinizado e onde a presenza feminina é mínima.

Cada sesión tivo unha duración de 50 minutos, aproximadamente, nas que o alumnado de 3º e 4º da ESO participou da experiencia, en primeiro lugar seguindo con atención unha exposición dos contidos do programa que lle foron presentados en soporte informático e logo co intercambio fluído de opinións pois as sesións estiveron organizadas e estruturadas de forma que estimulaban a reflexión e a participación de todo alumnado.

As imaxes pertencen ao desenvolvemento das actividades.



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Alumnado de 3º e 4º da ESO participou no programa "Que non te líen, ti elixes" na procura de orientación vocacional libre de estereotipos

Dúas formadoras do programa "Que non te líen, ti elixes" visitaron as aulas de Secundaria do CPI Viaño Pequeno para manteren un...