O
xoves
9 de marzo do 2023 desenvolveuse unha charla sobre a visibilidade
das mulleres nos traballos relacionados coa medicina. Nela
participaban a periodista Sara Carreira e a cardióloga
do Chus (Complexo
Hospitalario
Universitario
de Santiago) Mila Pedreira, que tamén é a xefa da unidade de
cardioloxía da muller.
A
idea principal e fundamental desa charla baseouse
en animar as mozas a estudar carreiras científicas, xa que é onde
van estar os mellores postos de traballo, e reivindicar que as
mulleres tamén poden conseguir postos cun gran peso.
Tamén
nos ensinaron que os traballos máis «importantes», é dicir, con
máis peso están dominados por homes, e cren que é porque as
mulleres non teñen a suficiente ambición.
Falando
dos estudos de medicina contáronnos
que máis da metade dos estudantes que collen esa rama
son mulleres. Con eses
datos sabemos que están moi cualificadas e teñen a valentía de
enfrontarse
a unha longa tempada de estudo. Aínda
que a maioría
dos estudantes de medicina son mulleres, á hora de traballar a cifra
dos homes é o dobre.
Non obstante nos
residentes (xente dun rango de idade baixo que acabou de estudar e
empezou a traballar) son
moitos máis homes.
De
feito, no Chus os postos xefes hai catro veces máis homes que
mulleres, aínda
que, nas ramas máis complexas e desenvolvidas
como na investigación haxa moitas.
Para
rematar faláronnos
dunha campaña que vai aos institutos e colexios a ensinar
a facer unha RCP (reanimación cardiopulmonar).
Antía
Bello Liñares
A
charla comeza presentando a dúas mulleres, Mila e mais unha
reporteira, as cales nos comezan explicando que Mila é unha
cardióloga e ademais dá charlas en institutos. Primeiro comeza
falándonos sobre o feito de que estudando medicina hai mais mulleres
que homes, só que a medida que vas mirando a porcentaxe nos cargos
as mulleres diminúen nunha cantidade importante e canto maior sexa o
cargo hai moitos máis homes que mulleres.
Outra cousa da que nos fala Mila
é que as persoas anciás son moito mais sedentarias que as de menor
idade e por iso é moito máis difícil convencelas de que vaian ao
medico por unha dor e por iso hai máis mortes por culpa de que cando
chegan ao hospital o problema xa está avanzado, polo tanto é máis
difícil de solucionar.
Faláronnos tamén dos síntomas
que se teñen nun infarto e o máis importante a destacar é cando
sentes moita presión no peito pero tamén hai outros coma a dor dun
brazo ou mesmo a dor dun pulso. Para actuar nunha situación de
infarto sen axuda ao lado dixéronos que o que deberiamos facer
despois de chamar ao hospital era facerlle unhas masaxes e ter a
calma para que as consecuencias despois do infarto sexan leves e máis
levadeiras.
Outra cousa moi importante dita
na charla foi que no labor de investigación e en cousas máis importantes pero pouco vistas a
maioría de persoas nelas son mulleres, só que non levan o mérito porque non están de cara ao
público como fan os homes e por iso estes levan máis méritos e se
ven menos mulleres con premios importantes a nivel mundial.
Despois disto houbo unha quenda
de preguntas moi interesantes pero a min a que máis me interesou foi
que se pensa que a cousa que provoca máis mortes nas mulleres é o
cancro de mama pero non senón que son os infartos, ictus etc... e
tamén como se mete un catéter para inchar unha vea e engrosala para
que o sangue circule mellor.
E ata aquí foi o que nos
contaron na charla de hoxe.
Anxo
Domínguez Martínez
Na charla desta mañá trataban o
tema das mulleres na ciencia. A conferencia foi presentada por unha
muller xornalista, chamada Sara, e a que contou como era a situación
das mulleres na ciencia foi Mila Pedreira, unha cardióloga do CHUS.
Comezou contando o que eran as
mulleres STEM (aquelas con profesións relacionadas con ciencia: científicas e
enxeñeiras).
Esta cardióloga, mostrounos
unhas gráficas, feitas por Antonia Sambola e ela, que ensinaban o
número de mulleres e homes que había nos diferentes campos da
medicina.
Dicía que unha porcentaxe alta
de mulleres estudaban na facultade de medicina (68,7%) pero moi
poucas chegaban a postos altos porque a xente e as familias lles
dicían que non foran tan ambiciosas, feito que non lles sucedía aos
homes.
A continuación, foi mostrando os
distintos servizos de cardioloxía que hai no CHUS, onde ela
traballa: imaxe, imaxe avanzada, electrofisioloxía e hemodinámica.
Tamén nos amosou que había
bastantes mulleres que investigaban no Idis, incluso algunhas doutros
países que viñan durante seis meses.
Comentou tamén que nos hospitais
crearan gardarías para os fillos e fillas das médicas e a
presentadora nese momento preguntoulle porque non para os fillos ou
fillas dos médicos.
Polo que nos contou, segundo
algúns estudos, se tes un infarto e aténdeche unha muller é
probable que non che queden secuelas.
Case ao final, dixo que as
mulleres se padecían un infarto tiñan síntomas máis confusos e
tardaban máis en acudir ao hospital, sobre todo as avoas.
Mila dixo que era moi importante
que nos sitios onde adoitaba estar moita xente (colexios, tendas...)
era recomendado aprender manobras de reanimación para un ataque ao
corazón. Puxo o exemplo dun neno de trece años que ao saber
facerllo ao seu pai e chamar ao 061 conseguiu que non lle quedaran
secuelas ao pai.
Cara ao final, mencionou a unha
compañeira súa, Belén Cid, unha cardióloga importante.
E xa para rematar, despois dun
tempo de preguntas, a presentadora falounos dun grupo de persoas que
creara un proxecto chamado “La ciencia es femenino”.
Sara
Gómez García
Esta charla explicou entre outras
cousas a importancia que teñen as mulleres na ciencia. Moitas
mulleres polo feito de ser mulleres non se senten capaces ou
preparadas para algo tan importante como son as ciencias, así que
animáronos a que se nos gusta esa rama loitemos por conseguilo,
deixando de lado todos os prexuízos da sociedade.
A porcentaxe de mulleres e homes
que comezan a estudar medicina é bastante similar, pero a cantidade
de mulleres que logran ser xefas neste oficio, comparando coa
porcentaxe dos homes é moi desigual.
Tamén nos contaron a importancia
de saber facer RCP (reanimación cardiopulmonar), para axudarche en
calquera apuro, debido a un infarto, xa sexa cun familiar ou unha
persoa que atopes pola estrada.
En definitiva, non deixes que
ninguén che pare os pés só polo teu xénero.
Carla
Lema Domínguez
Sara é a periodista e Mila é a
cardióloga (traballadora do Clínico).
Pretenden animar as mulleres a
estudar carreiras científicas, tamén hai mulleres con premios
Nobel.
Mila é una moi boa cardióloga,
recoméndanos ver a película “FIGURAS OCULTAS”, que fala dunhas
mulleres negras que traballan como escondidas pero era moi boas en
matematicas, física etc.
A cardioloxía sempre se pensou
que era cousa de homes.
O 75% de estudantes na medicina
son mulleres:
Residentes: 48 mulleres 52
homes
Fellow: 42 mulleres 58 homes
Adjxunto: 37 mulleres 63
homes
Titores: 33 mulleres 62 homes
Coordinador: 40 mulleres 60
homes
Cefe clínico: 19 mulleres 81
homes
Xefes servizo: 11 mulleres 89
homes
Entre 35-45 é a idada na que
máis mulleres traballan nos hospitais.
RCR (rehabilitación cardiaca),
en moitas escolas xa se ensina a reanimación cardiovascular. Un neno
de 13 anos salvou a seu pai de 63 anos.
Moita mulleres morren de infartos
/ ictus. Temos que facerlle ver ás nais e ás avoas que cando sintan
algunha fatiga non esperen ao último momento, porque o tempo en
cardioloxía é ouro.
Nerea
Sánchez Castro
Esta charla presentouna unha
cardióloga moi importante do hospital CHUS de Santiago de Compostela
e a presentadora de La Voz de Galicia.
A doutora dedicouse a falar sobre
a diferenza de sexos que hai no hospital, xa que os estudantes ata
chegar a ser residentes están á par entre homes e mulleres, pero o
número de mulleres descende bruscamente ata chegar a ser xefes, xa
que tan só o once por cento das estudantes de medicina chegan a ser
xefas, mentres que o outro oitenta e nove por cento son homes.
Tamén nos explicou que os homes
son os máis encargados dos traballos de cara ao publico, mentres que
as mulleres adoitan ser as encargadas dos traballos en laboratorios.
Puxo moitos exemplos cos seus compañeiros de traballo no hospital.
Explicou que en moitos traballos
no mundo da medicina hai moita diferenza de sexos, por exemplo en
cardioloxía hai moita diferenza, xa que hai xeralmente máis homes
que mulleres.
Antes de acabar a súa
presentación falounos un pouco do seu traballo como cardióloga e
ensinounos os pasos básicos para poder facer correctamente unha RCP
en caso de emerxencia.
Rematou explicándonos que a
maioría de persoas que morrían dun infarto ou ictus son mulleres,
porque acostuman calar o que lle pasa para non preocupar á xente e
cando se empezan a preocupar xa é demasiado tarde e non se pode
facer nada par salvalas.
Nos últimos dez minutos
dedicáronse a presentadora e a cardióloga a responder preguntas que
lle facía o alumnado do colexio.
Laura
Sánchez Liste