Ao mediodía do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, xuntámonos no patio para a lectura dun Manifesto elaborado polo alumnado de 4º da ESO, que podedes escoitar no vídeo nas voces de Lúa, Raquel e Román.
Tamén podedes ler deseguida o texto elaborado e despois seguir o minuto de silencio en emocionado recordo das vítimas.
MANIFESTO
O Manifesto debería ser todos os días e non só o 25 N. (voz de Román)
Queremos non ser xulgadas por ser Nós mesmas. (voz de Raquel)
Queremos saír á rúa sen medo, non ter mandar unha mensaxe máis de que chegamos ben á casa. (voz de Lúa)
Queremos non ser acosadas, nin nas redes nin na rúa. (voz de Raquel)
Non queremos ser maltratadas, violadas e asasinadas por ser quen somos. (voz de Lúa)
Queremos ser respectadas nos nosos traballos. (voz de Raquel)
Queremos poder sentirnos seguras e non ser silenciadas. (voz de Lúa)
HOXE POR MIN, MAÑÁ POR TI (Todas as voces)